diurón

diurón
Nome científico: [N’-(3,4-diclorofenil)N,N-dimetil urea:C<sub> 9</sub> H<sub> 10</sub> Cl<sub> 2</sub> N<sub> 2</sub> O]
s m [QUÍM/AGR]

Composto químico que pertence ao grupo das diclorofenilureas, que se emprega como herbicida. A súa función é interferir na fotosíntese. Autorízase sobre especies sensibles de dicotiledóneas anuais, en cultivos forraxeiros durante a parada invernal, cultivos de algodón en preemerxencia e árbores froiteiras.

Palabras veciñas

diurnario | diúrno -na | Diurno de Fernando I | diurón | diuturnidade | diuturno -na | div