Djémila
Djémila
Cidade de Arxelia, no wilāya de Stif (22.070 h [1999]). Foi a antiga colonia militar romana Cuicul, fundada a finais do s I e abandonada no s V. En 1909 comezaron as escavacións arqueolóxicas. Destacan, entre outras construcións, o foro, o teatro, as termas, o baptisterio, a basílica e os mosaicos conservados en diversas vivendas. A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1982.