Djukanovic, Milo

Djukanovic, Milo

Político iugoslavo. Licenciado en Economía na Universidade de Titogrado (actual Petrogrado, 1980-1986), foi membro da Liga da Xuventude Socialista de Montenegro (SSOCG) e da Liga de Comunistas de Montenegro (SKCG), denominada dende 1991 Demokratska Partija Socijalista Crna Gora (DPS). En 1987 nomeárono presidente da SSOCG e membro do comité central da SKCG. Primeiro ministro de Montenegro entre 1991 e 1998, mantivo diferencias con M. Bulatović, presidente da república, e con S. Milosĕvić, presidente da República Federal Iugoslava. Mostrouse a favor da presenza de Montenegro en Iugoslavia pero tentou equiparar o seu papel ao de Serbia. A división interna do DPS entre os seus partidarios e os de Bulatović, provocou que os dous líderes se presentaran ás eleccións de 1997. Trala celebración dunha segunda volta, Djukanovic foi proclamado presidente o 15 de xaneiro de 1998. Durante o conflito de Kosovo esixiu o cese da represión militar contra a guerrilla albanesa, a restauración da autonomía provincial e a internacionalización do conflito. As tensións con Serbia continuaron e anunciou a celebración dun referendo sobre a independencia montenegrina no verán de 2001, pero tralos resultados das eleccións lexislativas de abril dese mesmo ano deciciu pospoñelo ao 2002.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Niksic, Montenegro