Dobell, William
Dobell, William
Pintor australiano. Comezou a súa formación co arquitecto W. L. Porter e en 1925 ingresou na Julian Ashton’s School de Sidney. En 1929 trasladouse a Londres, onde estudiou na Slade School. Cultivou a temática militar e o retrato, obras entre as que destacan o retrato de Joshua Smith Portrait of an artist (Retrato dun artista, 1943) e Dr. E. G. MacMahon (1959). Recibiu en varias ocasións o premio Archibald, e concedéronlle a Order of the British Empire en 1965 e o título de sir en 1966.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cooks Hill, Newcastle -
Deceso
Lugar : Wangi Wangi