Döblin, Alfred

Döblin, Alfred

Escritor e médico alemán. Exerceu nos barrios obreiros de Berlín. De ideoloxía socialista, exiliouse en Francia en 1933 e en 1940 nos EE UU. Ao acabar a guerra volveu a Alemaña. As súas primeiras obras, de temas históricos e fenómenos colectivos, son expresionistas: Die drei Sprünge des Wang-Lun (Os tres saltos de Wang-Lun, 1915), Wallenstein (1920), Berge, Meere unhd Giganten (Montañas, mares e xigantes, 1924), e Berlin Alexanderplatz (1929), que constituíu unha defensa do espírito vangardista. Escribiu varios textos dramáticos de relevancia, amais da súa destacada contribución como crítico teatral. Entre eles cómpre destacar Lydia und Mäxchen. Eine tiefe Verbeugung in einem Akt (Lydia e Mäxche. Unha gran reverencia nun acto, 1906), que constitúe unha traxedia burlesca nos límites do grotesco e do absurdo, ou Die Ehe (O casamento, 1929).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Szczecin

  • Deceso

    Lugar : Emmendingen, Baden