Docabo
Docabo
-
[ONOM]
ariante do apelido toponímico Cabo (derivado do latín caput ‘cabo, extremo’), coa preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicaba na súa orixe. Documéntase no s XV: “Martin do Cabo” (doc ano 1445 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 43). Tamén se grafa Do Cabo.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dous lobos pasantes de sable, postos en pao; bordo de azul, con oito aspas de ouro.