Docampo Regengo, Miguel

Docampo Regengo, Miguel

Pintor e gravador. Discípulo de Carlos Puntis e Amalia Bernabé, trasladouse a Palma de Mallorca, onde abriu en 1978 un taller de gravado con Gonzalo Bieiro. Creou un taller de investigación de técnicas de pasta de papel e cartón pedra (1984), e fundou o colectivo Krea e o grupo de marionetas Rum-fum-bum, do que tamén foi director. Foi un dos creadores do colectivo Krea-2. Dirixiu o taller de gravado da Academia Fórum de Vigo e foi director artístico da galería Esgai Art de Palma de Mallorca (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Vagalume, Teima e Dorna, e na revista mallorquina Informar. Entre as súas obras destacan dous murais realizados en Vigo (1991) e a serie 7 ACUA. A súa obra está no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal de Ourense. Realizou exposicións, individuais e colectivas, en Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo e Palma de Mallorca.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Catoira