documental
(
-
adx
-
Relativo ou pertencente aos documentos ou á documentación.
Ex: Denegáronnos a subvención por un erro documental.
-
Que se fundamenta en documentos.
Ex: Esixíronnos unha proba documental de que estabamos empadroados na vila.
-
-
adx e s
m
[IMAX]
Aplícase ao xénero cinematográfico desligado do cine de ficción que presenta a realidade cunha finalidade basicamente informativa. Malia que o documental naceu co cine, o auténtico apareceu con Nanook of the North (1922), de Robert J. Flaherty. Buñuel e os documentalistas norteamericanos dos anos trinta cultivaron o documental de denuncia social. Despois da Segunda Guerra Mundial adquiriu un grande auxe o documental de arte e viaxes, sobre todo en Italia. Posteriormente, desenvolvéronse o “cinema veritat” en Francia e o “free cinema” en Gran Bretaña. Nos anos sesenta e setenta, o documental tivo un papel decisivo no cine político e militante. Con posterioridade, o incremento de demanda televisiva absorbeuno con contidos históricos, científicos ou turísticos. Destacaron como documentalistas os norteamericanos Emile De Antonio e Frederick Wiseman, os franceses Marcel Ophulos e Claude Lanzmann ou o suízo Richard Dindo.