Dohrn, Anton Felix

Dohrn, Anton Felix

Zoólogo alemán. Estudiou zooloxía nas universidades de Königsberg, Bonn, Jena e Berlín. Da man de Ernst Haeckel coñeceu as novas teorías de Charles Darwin, ás que dedicou gran parte da súa vida recollendo datos que axudasen á súa defensa. Doutorouse en 1865 en Breslau cun estudo sobre a anatomía das percebellas. En 1868 foi profesor da Universidade de Jena, onde traballou sobre a embrioloxía de insectos e crustáceos, intentando crear unha secuencia de aparición sobre a Terra dos distintos grupos. En 1875 publicou a súa obra máis importante, Ursprung der Wirbeltiere und das Prinzip des Funktionswechsels, que serve de compendio para a maioría das súas investigacións e na que expón unha liña evolutiva dende os anélidos ata os vertebrados; nela trata de explicar a aparición dos órganos complexos pola transformación doutros máis sinxelos e antigos. Foi o promotor, xunto a Nicolai Micloucho-Maclay, da creación dunha rede de estacións de investigación zoolóxica por todo o mundo. A primeira delas foi a Estación Zoolóxica de Nápoles, en 1872.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Stettin

  • Deceso

    Lugar : Múnic