Doisneau, Robert

Doisneau, Robert

Fotógrafo francés. Despois de estudar litografía na escola de Etienne, en Chantilly, dedicouse ao mundo da fotografía. Realizou os seus primeiros traballos para a revista Excelsior en 1932 e colaborou co escultor Andrei Bigneaux. Dende 1934 exerceu como fotógrafo publicista para a casa Renault en Billancourt, actividade que compaxinou cos seus traballos para a axencia Rapho. Trala Segunda Guerra Mundial colaborou coa revista Life, coa axencia de fotografía Alliance e novamente coa axencia Rapho dende 1946. Dous anos máis tarde especializouse en imaxes da alta sociedade, que publicou na revista Paris Vogue; delas cómpre salientar os retratos de Picasso, Giacometti, Cocteau e Braque. En 1973 rodouse unha película biográfica titulada Le Paris de Robert Doisneau. Influído por Cartier-Bresson e Atget, a súa obra inclúese dentro da corrente live, na que prevalecen as imaxes que mesturan ironía e tenrura, e que reflicten a vida das rúas e das xentes do París da posguerra. A súa obra pode verse en diversos museos de EE UU e Europa. Recibiu, entre outros, o Premio Kodak (1947) e o Premio Niépce (1956).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gentilly

  • Deceso

    Lugar : París