Doisy, Edward Adelbert

Doisy, Edward Adelbert

Bioquímico. Licenciouse en 1916 na University of Illinois e doutorouse en 1920 na Harvard University. Realizou investigacións sobre as hormonas sexuais e sobre a vitamina K, que logrou illar e sintetizar en 1939. Tamén traballou na mellora dos métodos de illamento e identificación da insulina, e contribuíu a ampliar o coñecemento sobre os antibióticos, os sistemas sanguíneos e o metabolismo dos ácidos biliares. Publicou, en colaboración con E. Allen e C. H. Danforth, Sex and Internal Secretions (Sexo e secrecións internas, 1939). En 1943 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con H. C. P. Dam, polos seus traballos sobre a vitamina K.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hume, Illinois

  • Deceso

    Lugar : Saint Louis, Missouri