Dolce Vita, La

Dolce Vita, La
[IMAX]

Produción cinematográfica italiana realizada en 1960. Foi dirixida por Federico Fellini e interpretada por Marcello Mastroianni, Anita Ekberg, Anouk Aimée, Yvonne Furneaux, Alain Cuny e Nadia Gray. Este filme levantou unha forte polémica na súa época e chegou a estar prohibido en España durante máis de quince anos. O protagonista, un xornalista, é o fío condutor dunha serie de accións que se desenvolven no marco da cidade de Roma.

Palabras veciñas

dolarización | Dolby | dolce stil novo* | Dolce Vita, La | Dolcet, Juan | Dolci, Carlo | Dolci, Danilo