Dolgoruki ou Dolgorukov
Familia de aristócratas rusos entre os que cómpre salientar o príncipe Dolgoruki , que construíu en 1156 unha fortificación no val de Moskva, orixe da futura Moscova. Grigori F’odorovi č Dolgoruki participou na defensa do mosteiro de San Serxio fronte aos polacos (1608-1610). A familia uniuse aos tsares polo matrimonio de María Vladimirovna Dolgorukova (?-1625) co Tsar Miguel III Romanov. Yakov F’odorovi č Dolgoruki (1659-1720) serviu a Pedro I como conselleiro e embaixador en Francia e España, e dirixiu os exércitos en diversas campañas, como as de Persia. O mariscal Vassili Vladimirovi č Dolgoruki continuou desempeñando o seu labor na corte da Tsarina Catarina I. Vassili Mikhailovi č Dolgoruki (1722-1782) conquistou Crimea (1771) e Iván Mikhailovi č Dolgoruki (1764-1823) destacou como militar durante a guerra de Crimea e foi conselleiro do Tsar Pablo I, gobernador de Vladimir e poeta. Entre as mulleres da familia destacou Yekaterina Mikhailovna Dolgorukova (1848-1922), dama de honor da tsarina e amante do Tsar Alexandre II ata que este casou morganaticamente con ela en 1880.