Dolichotis

Dolichotis
[ANIMAL]

Xénero da familia dos cávidos que engloba dúas especies: Dolichotis patagonum, mara ou lebre da Patagonia, e Dolichotis salicolum, cobaia do deserto salino, que viven en praderías e desertos de maleza do centro e sur de Arxentina. Ten pelaxe parda na cabeza e no corpo, as ancas son escuras, cunha franxa branca arredor da base e o ventre branco.