Dollard, John

Dollard, John

Psicólogo estadounidense. Doutorado pola Universidade de Chicago (1931), ingresou no Instituto de Relacións Humanas da Universidade de Yale, lugar no que realizou os seus principais estudios. Foi catedrático de Psicoloxía. Os seus presupostos educativos inscríbense na corrente máis flexible do asociacionismo. Colaborou con N. Miller, con quen aplicou a teoría da aprendizaxe, elaborada por C. L. Hull, á psicoterapia, combinándoa coa concepción psicanalítica da personalidade humana e coa contribución da socioloxía á aprendizaxe das condutas. As súas investigacións centráronse sobre todo na frustración, na agresión e no papel da imitación na aprendizaxe social. Cómpre destacar a súa obra Caste and Class in a Southern Town (1937) e a súa colaboración en Frustration and Aggresion (1939), Social Learning and Imitation (1941) e Persoanality and psychotherapy (1950).

Cronoloxía

  • Nacemento