Domingo Pérez-Ugena, María José

Domingo Pérez-Ugena, María José

Pintora e investigadora da arte. Doutora en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1997) e profesora de debuxo dende 1983, impartiu cursos sobre simbolismo medieval na Universitat Politécnica de València e na Universidade da Coruña. Coñecida como Pepa Domingo, a súa pintura baséase na análise da luz e reflicte o contraste entre as terras coruñesas e almerienses onde viviu. Cultivou as naturezas mortas, os bodegóns e a figuración, e fixo esculturas para unha praza pública en Albox (Almería, 1980). Participou no I Concurso de Artes Plásticas Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Madrid, 1983), e en Imaxes a carón da aula, VI Mostra de pintura dun colectivo de profesores de ensino medio e universitario de Galicia (Pontevedra, 1991). Realizou exposicións, entre outros lugares, en Ferrol, A Coruña, Oleiros e Almería. No apartado da investigación, centrouse na análise do bestiario do románico coruñés e realizou, entre outros, o estudo “La estética en las rutas del Románico” (1990-1991). Colaboradora do Anuario Brigantino e de Abrente, escribiu Bestiario en la escultura de las iglesias románicas de la provincia de A Coruña, simbología (1998) e La iglesia de Santa María del Campo. Simbolismo e iconografía de su escultura (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : València