Domínguez Dapena, Cristina

Domínguez Dapena, Cristina

Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada na Real Escuela de Arte Dramático y Danza (RESAD) de Madrid. Foi fundadora da compañía Factoría Teatro, na que dirixiu espectáculos como Na soidade dos campos de algodón (1994), a partir do texto de Bernard-Marie Koltés; Para o leste do Gantry (1997); A casa de América (1998), sobre textos de Edward Thomas; As presidentas (2000), a partir dunha creacion homónima de Werner Schwab; e Coitelos nas galiñas (2001), sobre unha obra de David Harrower. En 1998 dirixiu o espectáculo A viaxe de Lola para a compañía Alalá Producións. Tamén son frecuentes as súas colaboracións na dirección escénica coa compañía de danza Dobre Xiro, en espectáculos como A casa das cinco esquinas (1999) entre outros. Como actriz participou no espectáculo O melro branco, de Tranvía Teatro (1989); Yerma (1990) e Así é se vos parece (1991), co Centro Dramático Galego; e A irmandade do Graal (1992), Entre bastidores (1996), e As troianas. Botín de guerra (1997), de Teatro da Lúa. Realizou tamén unha continua actividade de ensino teatral, fundamentalmente no campo da expresión oral.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra