Domitila, Flavia

Domitila, Flavia

Patricia romana da familia dos Flavios, sobriña do cónsul romano Flavio Clemente. No ano 96 foi deportada á illa de Ponza por se adherir á fe cristiá, onde sufriu un longo martirio. O cemiterio da familia, situado na Via delle sette Chiese, tomou o seu nome e é unha das catacumbas máis extensas de Roma; contén pinturas de estilo pompeiano e cristiás dos séculos II, III e IV. Na iconografía leva como atributos a coroa e a palma do martirio. A súa festividade celebrábase o 12 de maio, pero a reforma posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma