Don

Don

Río do S de Rusia, que nace preto de Tula. De réxime nivo-pluvial, o seu curso adopta unha dirección xeral N-S ata chegar á oblast’ de Volgograd, cerca da fronteira con Ucraína. Desemboca no mar de Azov, despois de percorrer 1.870 km (dos que 1.000 son navegables) e de drenar unha conca de 422.000 km2. Está unido ao Volga por unha canle de 102 km, inaugurada en 1952.