Don Fino

Don Fino

Publicación satírica que se editou a partir do 8 de xaneiro de 1921 en Mondoñedo e subtitulada “Periódico quincenal”. Fundado e dirixido por Ramón Lorenzo de San Lázaro, publicáronse vinte e seis números. No primeiro deles incluíuse o poema “Máis coraxe!”, de Antonio Noriega Varela. Dividiuse nas seccións: “De palique”, coordinada por Ramón Rey, “Comentando...”, “Nuestros hombres célebres”, “Bocadillos”, “Cosas” e “Noticias”. Inseriu tamén referencias a outras publicacións como Canta Claro. Contou coa colaboración de Cándido Carreiras, R. Nastos, Herculiano Rojo, Luis de Tapia e Juan Neófilo. No apartado literario cómpre subliñar os versos en galego “Vaya un trunfo!”, de Daniel Rifeño, e “A liberdade agraria”, asinado co pseudónimo de Maquiavelo.