Donís
Donís
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha cabeza de lobo, de sable, e, en punta, tres vieiras, de prata; bordo de goles, con cinco flores de lis, de ouro. Outra variante leva, en campo de goles, tres flores de lis, de prata, ben ordenadas.