Dono Duro, Mª Teresa
Actriz, cantante e escritora. Coñecida como Maite Dono, estudiou filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Discípula de Charo Amador, foi bolseira pola AIE para estudar canto moderno con Carita Boronska e Sophie Duner, e canto lírico con Gabriela Ferrari na EMC de Madrid (1999-2002). Participou nas obras teatrais Jogo ruim de palabras (1993), Malva real (1994), Antígona (1994), Yeats (1995), Bahía o en la línea de salida (1996) e no musical La Bella y la Bestia (2000-2001). Publicou Malva Real (1994), Manta de sombra (I Premio Internacional de Poesía Libros del Egoísta, 1996), O mar vertical (2000), Ala Marlon (2001) e colaborou nos colectivos Homenaxe a Uxío Novoneyra (1999), O entrelazo das palabras (1999) e En tránsito (2001). Participou nos concertos de Galicia Terra Única (1997), xunto a Emilio Cao; no disco de Na Lúa Os tempos son chegados (1997); no disco Cancións tradicionais galegas do Nadal (1998) e no Festival de Jazz de Évora, formando parte do grupo de Baldo Martínez no Proxecto Minho (2000). En solitario gravou Corazón de Brief (1998) e O mar vertical (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gasteiz, Araba