Donsión, Santa Baia de
Donsión, Santa Baia de
Igrexa parroquial situada en Lalín. A primitiva igrexa substituíuse no s XVIII baixo o mecenado de Cayetano Gil Taboada, arcebispo de Sevilla. No seu interior destaca o panteón dos Gil Taboada: na capela maior están os sepulcros de Gómez Gil Taboada, señor de Bergazos, e Beatriz Fernández de Gudín, pais do fundador da igrexa e, pegados ás paredes do templo, localízanse outros sepulcros coas armas da familia. Os retablos realizounos o mestre local Silvestre Colmeiro. Na fachada destaca a porta barroca e o frontón triangular partido sobre o que se situou o campanario.