Dopico Blanco, Fernando

Dopico Blanco, Fernando

Mestre gaiteiro. Estudiou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Compoñente de diversas formacións musicais tradicionais e folks, integrou o grupo Baila na criba (1992-1997) co que acadou diversos premios. Mestre gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, foi director entre 1992 e 1999 das súas seccións instrumentais, da Escola de Instrumentos Tradicionais e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos, que fundou en 1994. Así mesmo, foi presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (1994-2000) e director dende 1998 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e da Banda de Gaitas do Concello de Xinzo de Limia e da Banda de Gaitas do Concello de Celanova. En 1999 fundou a Asociación Cultural Ardóbriga e a Banda de Gaitas Cidade de Ferrol, da que é director; colaborou co gaiteiro José Ángel Hevia en dous traballos discográficos; e dende xaneiro de 2002 dirixe a Banda de Gaitas de Candás. Escribiu diversos traballos sobre música popular, etnografía e historia, entre os que destacan Mandas Testamentarias de D. Xoán Yáñez de Leiro e Doza (1996); Manuel Lorenzo Barxa (1878-1959): Un gaiteiro ferrolán á antiga usanza (1997), do que é coautor con María do C. Santiso Medín; Un complexo pacego rural (1997) e Xenealoxía e liñaxe da Casa de Mandiá (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol