Dórida

Dórida

Rexión do SO de Asia Menor que se estendeu polas costas occidentais de Caria e as illas de Rodas e KÌs. Seis das súas cidades, Knidos, Halicarnaso, KÌs, Ialiso, Camiro e Lindos, formaron unha confederación, a hexápole. O centro estaba no templo de Apolo, no cabo Triopion, no que se celebraban as festas en honor dos deuses Posidón e Apolo. A confederación prosperou grazas ao comercio con Creta, Siria e Exipto, e gozou dun elevado nivel cultural.