Dorindo/Dorinda

Dorindo/Dorinda
[ONOM]

Antropónimo de orixe discutida. Segundo unha hipótese, a forma feminina crearíase a partir da base Dosinda. Tamén se cre que pode tratarse dun composto de Dora e a terminación -inda (procedente dun sufixo de orixe xermánica presente en moitos nomes femininos), de igual forma que acontece con outros nomes, como Belinda, Florinda ou Ermelinda. A forma masculina creouse, probablemente, a partir da feminina.

Palabras veciñas

dorífora | Doríforo | Dorigny | Dorindo/Dorinda | dorio -ria | Doriot, Jacques | Doris