Dorra, Santiago de

Dorra, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Segundo o testamento de Odoario foi un antigo arciprestado. Rui Fernández de Noguerol doou o terreo ao mosteiro de Vilar de Donas en 1324. O templo reedificouse no s XVIII. Ten unha nave, con cuberta de madeira a dúas augas, e unha ábsida rectangular de maior altura ca a nave e con cuberta a catro augas. O arco triunfal é semicircular. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de Santiago Matamouros, san Isidro e a Inmaculada. No exterior destaca a espadana de dous vans.