Dorst, Tankred
Escritor alemán. Iniciou a súa andaina no terreo literario escribindo pantomimas e pezas para títeres. Como dramaturgo experimentou con éxito as diversas técnicas teatrais, facendo tamén adaptacións de obras doutros autores. Escribiu Grosse Schmährede an der Stadtmauer (Grande imprecación diante das murallas da cidade, 1961); Toller (1968); Eiszeit (Tempo de xeo, 1973); Merlin oder das wüste Land (Merlín e a terra desolada, 1981); Der verbotene Garten. Fragmente über d’Annunzio (O xardín prohibido. Fragmentos sobre D’Annunzio, 1982); Parzival. Auf der andere Seite des Sees (Percival. Na outra marxe do lago, 1987); ou Die Legende vom armen Heinrich (A lenda do pobre Henrique, 1997); nas que reflicte a dimensión grotesca da condición humana e nas que tamén se deixa sentir o conflito entre o individuo e a sociedade.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sonnenberg, Turinxia