Douglas, Mary
Antropóloga inglesa. Doutora en Antropoloxía Social (1951), realizou un traballo de campo entre os leles do Congo (1949-1950) e, dende 1951, traballou como profesora na University College of London. No 1977 trasladouse aos EEUU, onde foi investigadora da Russell Sage Fundation de Nova York (1977-1981), profesora de humanidades da Northwestern University (1981-1985) e profesora visitante da Princeton University (1985-1988). Estudiou os sistemas simbólicos e rituais e diversos temas de antropoloxía económica. Publicou, entre outras obras, Peoples of the Lake Nyasa Region (Xentes da rexión do lago Nyasa, 1950), The Lele of Kasai (Os leles de Kasai, 1963), Purity and Danger (Pureza e perigo, 1966), Natural Symbols (Símbolos naturais, 1970), Risk Acceptabily According to the Social Sciences (Risco aceptable segundo as ciencias sociais, 1985), How Institutions Think (Cómo pensan as institucións, 1986), Risk and Blame (Risco e cultura, 1992) e Missing persons (Persoas desaparecidas, 1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Remo