Douglas, Michael

Douglas, Michael

Actor e produtor cinematográfico. Fillo do actor e director Kirk Douglas, estudiou interpretación na California University e en Santa Bárbara. A finais dos anos sesenta debutou como actor de teatro na Neigborhood Playhouse de Nova York. Acadou certa sona co seu papel na serie de televisión The Streets of San Francisco (As rúas de San Francisco, 1972). En 1975 foi o produtor do filme One Flew Over the Cukoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco). Posteriormente protagonizou distintas películas, entre as que destacan: Romancing the Stone (Tralo corazón verde, 1984), The Jewel of the Nile (A xoia do Nilo, 1985), Fatal Attraction (Atracción fatal, 1987), Black Rain (1989), The War of the Roses (A guerra dos Roses, 1989), Basic Instinct (Instinto básico, 1992), An American President (O presidente e Miss Wade, 1995), The Game (1997), Traffic (2000) ou Don’t Say a Word (Nin unha palabra, 2001). Recibiu un Oscar ao mellor actor por Wall Street (1987).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : New Brunswick, New Jersey