Dover
Dover
Cidade do condado de Kent, en Inglaterra, Reino Unido, na desembocadura do río Dour (32.843 h [1991]). É un destacado porto comercial e de pasaxeiros. Posúe un importante sector industrial no que cómpre salientar os tecidos, o material eléctrico, o cemento, o calzado e os produtos químicos. Xulio César converteuna na principal base de penetración romana en Britania (55-54 a C). Guillerme I fortificouna. En 1670 asinouse na cidade un tratado secreto entre Carlos II e Luís XIV de Francia. Do seu patrimonio cultural destaca un faro da época romana, o castelo, construído por Guillerme I, e a igrexa de Saint Mary in Castro.