Dow, Herbert Henry

Dow, Herbert Henry

Químico. Foi un dos abandeirados da industria química. No ano 1890 iniciou a obtención do bromo por medio dun proceso electrolítico no que se utilizou por vez primeira dentro da industria química, un xerador de corrente continua. En 1897 creou a Dow Chemical Company, onde a actividade de investigación de Dow se diversificou notablemente: (fabricación de insecticidas, produtos farmacéuticos, etc). Rexistrou máis de 100 patentes, co que a Dow Chemical Company se converteu nunha das máis importantes empresas mundiais da industria química.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Belleville, Ontario

  • Deceso

    Lugar : Rochester, Minnesota