Drácula
Drácula
Protagonista da novela homónima de Bram Stoker publicada en 1897. O personaxe, inspirado nunha lenda transilvana sobre Vlad III de Valaquia, encarna un home vampiro que chupa o sangue humano. A novela serviu de base para diversas versións cinematográficas.