dracunculose
dracunculose
(< lat científico Dracunculus+ -ose ‘proceso patolóxico’)
s
f
[PAT]
Enfermidade producida pola infección da filaria de Medina, especialmente por femias fecundadas deste nematodo, que producen tumores subcutáneos case sempre nas pernas. Adoita ir acompañada de vómitos e diarrea, con complicacións articulares. É común en moitas rexións de África, Asia e Brasil. A profilaxe consiste en eliminar o copépodo que actúa como hóspede intermedio no ciclo da filaria. Tamén recibe o nome de dracontíase.