Drieu la Rochelle, Pierre

Drieu la Rochelle, Pierre

Novelista, autor dramático e ensaísta. Dirixiu a Nouvelle Revue Française durante a ocupación alemá e suicidouse despois da liberación de Francia. Escribiu un ensaio sobre o desarraigamento da mocidade francesa de posguerra, Mesure de la France (Medida de Francia, 1922). As súas obras Socialisme fasciste (Socialismo fascista, 1924), Genève ou Moscou (Xenebra ou Moscova, 1928), L’Europe contre les Patries (Europa contra as Patrias, 1931) e Notes pour comprendre le siècle (Notas para comprender o século, 1941) revelan a súa decantación polo fascismo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso