Dríope

Dríope
[MIT]

Epónimo dos dríopes, un dos primeiros pobos que ocuparon a Península Balcánica. Era fillo do río Esperqueo e de Polidora, ou de Apolo e Día, filla do Rei Licaón. Os seus descendentes, que habitaban na rexión do Parnaso, foron expulsados polos dorios e tiveron que se establecer en Eubea, Tesalia, Peloponeso ou Chipre.