driópido -da
(< lat científico Dryops)
-
adx
Relativo ou pertencente aos driópidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos driópidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros acuáticos, de entre 3 e 8 mm de lonxitude. Presentan un corpo liso ou cuberto de pelos, de cor gris, castaña ou negra, coa cabeza encaixada no protórax; antenas moi curtas co segundo segmento agrandado; e tarsos longos armados con dúas grandes uñas que lles serven para aferrarse nos cursos de auga, onde viven, e non ser arrastrados pola corrente. As especies máis estritamente acuáticas mantéñense a maior parte do tempo dentro da auga -tanto as larvas como os adultos- e sérvense dunha fina capa de aire que rodea o corpo, grazas á densa pilosidade que presentan nel, e que se osixena continuamente por difusión ao estar en contacto coa auga corrente cunha alta concentración de osíxeno. Aliméntanse de brións, algas e restos vexetais procedentes das beiras dos cursos. Na Península Ibérica están presentes dous xéneros: Pomatinus, representado unicamente pola especie P. substriatus; e o xénero Dryops, que conta cun mínimo de 16 especies.