Drolling

Drolling

Familia de pintores franceses. Martin Drolling (Oberhergheim, Alto Rin 1752-París 1817) recibiu a influencia dos intimistas holandeses e seguiu o estilo de Greuze. Cultivou o retrato e as escenas de xénero. O seu fillo Michel Martin Drolling (París 1786-1851), pintor académico, decorou, entre outros edificios oficiais, os palacios de Versailles e o Louvre, e as igrexas de Saint-Sulpice e Notre-Dame de Lorette. Cultivou tamén a pintura histórica e o retrato. A súa irmá, Louise Drolling (París 1797-?), cultivou o retrato.