Drosophyllum

Drosophyllum
[PLANTA]

Xénero de plantas, da familia das droseráceas. Presenta talos de ata 45 cm de alto, follas lineares de 20 cm de longo de extremo enrolado e flores de 2 cm de diámetro, que se dispoñen en corimbo. A planta aparece cuberta de glándulas que segregan gotas pegañentas que atrapan e dixiren insectos. A especie D. lusitanicum está presente en zonas montañosas pedregosas do sudoeste da Península Ibérica e do noroeste de África, onde constitúe un endemismo.