Druso, Marco Livio
Druso, Marco Livio
Político romano. Foi nomeado tribuno da plebe no 122 a C para contrarrestar a popularidade de Caio Graco. Presentou unha serie de reformas, entre as que destaca a rogatio livia que concedía aos itálicos a cidadanía romana. Estas reformas provocaron unha serie de tumultos en Roma. Nomeado cónsul no 112 a C, gobernou Macedonia, onde derrotou o pobo dos escordiscos. Morreu exercendo o cargo de censor.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Roma