Držić, Marin
Poeta e escritor croata. Formouse en Siena, onde estudiou dereito canónico (1538-1544). Nesta cidade entrou en contacto coa literatura clásica e cos ideais renacentistas e humanistas que o levaron a adoptar unha posicion belixerante coas autoridades de Ragusa. Organizou un complot que fracasou e tivo que exiliarse. Entre 1548 e 1559 participou activamente na vida teatral de Dubrovnik, onde colaborou cos grupos afeccionados locais e escribiu un pequeno repertorio de comedias e escenas bucólicas. Cómpre destacar as súas obras Tirena (1548) e Dundo Maroje (O tío Maroje, 1551), en que presenta toda unha galería de tipos populares: os avaros, os vellos, os servidores intelixentes, os vagabundos e os cornudos, tan propios das comedias de Plauto, pero agora tirados da paisaxe humana de Ragusa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ragusa, Dubrovnik -
Deceso
Lugar : Venecia