Dšemdet-Na r

Dšemdet-Na r

Xacemento arqueolóxico de Mesopotamia, escavado a partir de 1925, que deu nome ao último período no que se dividiu a protohistoria desa rexión. Está considerado como unha continuidade urbana de Uruk e está datado a finais do IV milenio e comezos do III. Localizáronse, entre outros vestixios, restos dun palacio, táboas con inscricións, selos cilíndricos e restos cerámicos.