Du Camp, Maxime

Du Camp, Maxime

Xornalista, escritor e fotógrafo. Aprendeu o procedemento do calotipo con Gustave Le Gray e aplicouno na viaxe que realizou con Gustave Flaubert entre 1849 e 1851 por Grecia e gran parte de Asia Menor. Alí obtivo máis de douscentos negativos con papel encerado. En moitas ocasións incluía persoas para indicar a escala dos obxectos retratados. Ao seu regreso a Francia abandonou case por completo o mundo da fotografía e fundou o xornal Revue de Paris. Os seus traballos recolléronse en varios volumes editados por Blanquart-Évrard; o primeiro, publicado en 1852 e titulado Du Camp’s Egypte, Nubie, Palestine et Syrie. Dessins photographiques recueillis pendant les années 1849, 1850 et 1851 (Exipto, Nubia, Palestina e Siria vistos por Du Camp. Debuxos fotográficos recollidos durante os anos 1849, 1850 e 1851), é o primeiro libro ilustrado con fotografías orixinais. Tamén publicou Le Nile, Egypte et Nubie (O Nilo, Exipto e Nubia, 1854) e, da man de Francis Steegmuller, Flaubert in Egypt (Flaubert en Exipto, 1972). Ademais editou as súas memorias, Souvenirs littéraires (Recordos literarios, 1894).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso