dual
(
-
adx
Relativo ou pertencente a dous.
-
adx
-
Que consta de dúas partes, elementos ou individuos.
-
[MAT]
Aplícase a dúas nocións matemáticas que, permutadas no enunciado dun teorema, dan lugar a un novo teorema. Por exemplo, a intersección e a unión son duais, segundo as leis de De Morgan.
-
[TECNOL]
Aplícase ao sistema que permite escoitar un programa ou película dun medio audiovisual en versión orixinal ou dobrado a outra lingua.
-
-
s
m
[LING]
Categoría do número que indica unha idea concreta de pluralidade: ‘os dous’, en oposición a ‘un’ ou a ‘máis de dous’. Coñécese nas linguas indoeuropeas (grego, hindú, lituano, irlandés) e nas semíticas (acadio, árabe), en que expresaba a totalidade de dúas cousas que, pola súa natureza, se dispuñan en parellas (mans, ollos). No grego tivo unha maior aplicación ca no latín, e mesmo se conserva un conxunto específico de desinencias nominais e verbais. Posteriormente, as formas de plural substituíron o dual, aínda que persiste nalgunhas linguas, como o esloveno e o serbocroata, e tamén se percibe na palabra galega ambos (‘un e mais o outro, os dous’) e na inglesa both.
-
espacio dual
[MAT]
Conxunto de aplicacións lineais (formas ou funcionais) dun espazo vectorial no corpo sobre o que está definido. Dado un espacio E e o seu dual E*, cúmprese que se E ten unha dimensión finita, entón dim E=dim E*. No caso dun espazo vectorial topolóxico E, fálase do dual topolóxico, formado polas formas continuas de E no corpo.