dualismo

dualismo

(

  1. s m

    dualidade.

  2. s m [RELIX]

    Concepción cosmolóxica segundo a cal o Universo está baixo o dominio de dous principios orixinarios, antagónicos e irredutibles entre si. Son manifestacións de dualismo: o zoroastrismo persa, o maniqueísmo, o gnosticismo e o catarismo.

  3. s m [FILOS]

    Doutrina que considera que o Universo e o home están constituídos por dous elementos en certa maneira independentes e irredutibles entre si (como o espírito e a materia ou a alma e o corpo). O termo introduciuno C. Wolff, quen o aplicou á dualidade cartesiana (materia e espírito) e o opuxo ao monismo.

  4. s m [QUÍM]

    Teoría elaborada a comezos do s XIX por Jöns Jakob Berzelius que afirma que os compostos están constituídos por unha parte electricamente positiva e outra electricamente negativa, que determinan o seu grao de estabilidade. Esta interpretación identifica a afinidade química coa polaridade eléctrica, pero, posteriormente, abandonouse esta teoría e a investigación centrouse no estudio do enlace químico.

  5. s m [LING]

    Teoría que postula a relación directa bidireccional entre as formas lingüísticas e as entidades que denotan.

Palabras veciñas

dual | duala | dualidade | dualismo | dualista | dualístico -ca | Duán