Duarte I de Portugal o Elocuente

Duarte I de Portugal o Elocuente

Rei de Portugal (1433-1438), fillo de Xoán I. Coñecido como don Duarte, casou con Leonor de Aragón en Coimbra (4.11. 1428). Participou na conquista de Ceuta. Celebrou cortes en Leiria e Évora (1433, 1436 e 1438) e reformou a administración pública. Ademais lexislou sobre os señoríos e as terras da coroa, e prohibiu as cartas de privilexios señoriais (1434). Emprendeu o saneamento da moeda e cuñou escudos de ouro e reais de prata. Retomou a política de expansión en África e, trala resolución do conflito entre casteláns e portugueses da expansión atlántica no Concilio de Basilea (1435-1436), armou unha flota contra Tánxer dirixida polo infante don Enrique. A expedición fracasou e o infante don Fernando, mestre de Avis, quedou en poder dos musulmáns como refén da entrega de Ceuta (1437). Morreu a causa dun andazo de peste que afectou a Portugal (1437-1441). Escribiu o Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela e Leal conselheiro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viseu

  • Deceso

    Lugar : Tomar