dubitatio*

dubitatio*
s f [LIT]

Figura retórica de pensamento que consiste na expresión da incertidume ou da perplexidade do emisor no momento de responder a unha incógnita; de optar entre solucións contrarias para un asunto; de tomar unha decisión ou de escoller a forma de discurso máis axeitada para facerse entender polo seu receptor. Adoita formularse mediante unha interrogación retórica ou unha negación. Foi un recurso habitual na oratoria clásica para apelar á atención do público e na oratoria forense para influír sobre o xuíz ou increpar o adversario.