dubidar

dubidar

(< lat dubitāre)

  1. v t e i
    1. Ter o ánimo indeciso entre varias opinións, posibilidades ou resolucións que se ofrecen. Na tradición oral recóllense ditos como: “Sempre é ben dubidar para mellor acertar. Xuíz que dubida na condena, abaixo a pena”.

      Ex: Dubidou un momento qué sería o mellor para o seu futuro. Dubidaba entre ir a Camariñas ou a Ribadeo.

    2. Non estar seguro de algo.

      Ex: Dubido que mañá teña tempo de pasar polo despacho. Os científicos dubidan da eficacia do medicamento.

  2. v t e i

    Dar pouco creto ao que di alguén.

    Ex: Dubido moito que sexa verdade o que me contas. Dubido das túas palabras.

  3. v i

    Desconfiar da honradez, lealdade ou intencións de alguén.

    Ex: Túa nai xa dubida das túas promesas. Desde que o coñecín dubidei das súas intencións.

Palabras veciñas

dúbida | dúbida | dubidable | dubidar | dubidoso -sa | dubitatio* | dubitativo -va
Conxugar
VERBO dubidar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubido
dubidas
dubida
dubidamos
dubidades
dubidan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidaba
dubidabas
dubidaba
dubidabamos
dubidabades
dubidaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidei
dubidaches
dubidou
dubidamos
dubidastes
dubidaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidara
dubidaras
dubidara
dubidaramos
dubidarades
dubidaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidarei
dubidarás
dubidará
dubidaremos
dubidaredes
dubidarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidaría
dubidarías
dubidaría
dubidariamos
dubidariades
dubidarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubide
dubides
dubide
dubidemos
dubidedes
dubiden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidase
dubidases
dubidase
dubidasemos
dubidasedes
dubidasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidar
dubidares
dubidar
dubidarmos
dubidardes
dubidaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dubida
-
-
dubidade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dubidar
dubidares
dubidar
dubidarmos
dubidardes
dubidaren
Xerundio dubidando
Participio dubidado
dubidada
dubidados
dubidadas