dúbida
(< dubidar)
-
s
f
Antónimos:
certeza.
-
Estado do espírito propio de quen non sabe qué escoller ou qué decisión tomar de entre varias opinións ou resolucións.
Ex: Teño unha dúbida, non sei se ir ó cine hoxe ou mañá.
-
Estado do espírito propio de quen non está totalmente seguro dun feito ou cuestión determinada. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dúbida é o comezo da sabedoría. A dúbida é a nai da ciencia. Vento antes de chuvia, déixate levar que non hai dúbida. Máis vale unha segura, que dúas en dúbida”.
Ex: A dúbida é saber se foi ela a asasina.
Antónimos: certeza. -
[FILOS]
Incerteza entre o si e o non, ou respecto á adopción dunha opción entre dúas ou máis proposicións, que leva á suspensión do xuízo. Chámaselle natural cando é espontánea e ametódica, e filosófica cando é deliberada e metódica. Esta última cualifícase de escéptica cando se converte nunha actitude definitiva (escepticismo), e de especificamente metódica cando se exerce dunha maneira provisional e voluntaria como medio para descubrir a verdade.
-
[RELIX]
acilación na convicción da fe relixiosa.
-
Problema ou cuestión puntual sobre a que non se ten a certeza ou seguridade absoluta.
Ex: Teño un caderno cheo de dúbidas que lle vou preguntar ó autor do libro.
-
-
[DER]
-
s
f
Concepto que no Código Civil equivale a erro.
-
dúbida de dereito
Dúbida que trata sobre o alcance do suposto do feito da norma, é dicir, cando se dubida de se unha situación determinada, de que se coñecen ben as súas circunstancias, está ou non comprendida nos termos que lle serven ao lexislador para determinar os casos a que se pode aplicar. A lei dubidosa é unha lei nula.
-
dúbida de feito
Dúbida que se produce cando, sen coñecer ben as circunstancias do caso, non se sabe se este está comprendido no suposto de feito dunha norma clara en si mesma (per se) e que o ordinario pode dispensar ad cautelam.
-
s
f
-
s
f
[DER]
En dereito procesual canónico, definición feita polo xuíz en presencia das partes, deducida das súas peticións e respostas e que contén a pregunta ou preguntas (dúbidas) que cómpre responder na sentencia.
Frases feitas
-
Non ter dúbida/Ter boa dúbida. Non estar mal ou non ter queixa dunha cousa. Ex: Xa lin a túa novela e non che ten dúbida.
-
Poñer/Pór en dúbida. Cuestionar as cousas antes de aceptalas sen máis. Ex: Sempre che foi un polémico e pon en dúbida todo o que lle poidas dicir.
-
Sen dúbida loc adv De certo. Ex: Sen dúbida ningunha é o mellor espectáculo desta tempada.