certeza

certeza

(< certo)

  1. s f

    Calidade de certo.

    Sinónimos: autenticidade, seguridade, veracidade.
  2. s f [FILOS]

    Estado da mente no que se afirma a verdade dunha proposición sen medo a equivocarse. A filosofía tradicional adoita distinguir tres tipos de certeza: física (fundamentada nunha indución baseada na experiencia), metafísica (baseada na esencia dos obxectos) e moral (baseada nas leis psicolóxicas ou morais). Os problemas que suscita a noción de certeza dependen do criterio de verdade que se admita.

Refráns

  • Máis vale o certo có dubidoso.